Xabre

Unha mañá chuviosa a informática sorriume, amosoume a súa parte máis amábel. Permitiu que atopara, entre montes de cedés con arquivos de todos os tipos, aqueles cachiños de arte que foron as Botelhas ao mar de Suso. Durante moito tempo lía unha e outra vez moitos daqueles escritos, centrándome unha e outra vez naqueles parágrafos que máis me gustaban.

As sete primeiras “botelhas” xa foron recopiladas no seu momento por unha boa persoa, anónima, iso si. Posto que non conseguín contactar de ningunha maneira co blogueiro, creei este novo blog, botelhaaomar.blogaliza.org, onde cada certo curto tempo mandarei unha das botellas varadas no meu ordenador de volta ao mar binario. Podedes deitar aquí tamén as botellas que queirades, cheas de comentarios.

Xabre http://ouriceira.blogaliza.org