Botelha ao mar (6-Outubro-2001)

Vinme difamado desde um poder ao que nom tinha medios para combater. Alí estaba eu lambendo nas feridas, cavilando en volver o golpe, no fundo da minha cova de fera acurralada. Vivía a impotencia, o nom poder contestar, pois so o poder era dono de toda a palabra, lembrei a um velho louco que andaba anos atrás a escreber nos muros. A destrucción, a loucura.
E estando atordoado na contemplaçom da minha miseria chamáronme de súbito: o meu rapaz nom baijara na sua paragem do autocarro e nom se sabia del.
Nom foi nada ao cabo. Namais o susto tremendo, mais pasageiro. Sen embargo toda ofensa e toda ira ficou esquecida varrida polo corazóm que trema encolhido dentro do maior horror: a desapariçom (afortunadamente momentanea) de quem se quere.
Os tiranos sempre nos han ganhar, pois somos vulnerabeis: temos persoas amadas. Nom nos damos centrado exclusivamente na vinganza. Mais vivimos na vida, nom entre as sombras da cova seca do poder.
Iso si, quizais volva ganhar as eleciomas galegas Fraga Iribarne coa súa corte esperpentica de caciques, medios de comunicaçom adictos, escritores e columnistas comprados e o velho habito de difamar impunemente, como naquela velha e doce epoca do tirano, cando era ministro da censura e da propaganda do Franco. Ai, que bos velhos tempos. E no eclipse da sua carreira, Fraga Iribarne, que se disfrazou de Manuel Fraga para a farsa dums anos de democracia espanhola volve a presentarse como quen é, Fraga Iribarne.

[No mar outra vez dende o 23.09.2006]