Botelha ao mar 5 (Decembro do 2000)

EN VIANA DO CASTELO. Esta-se a anovar Viana, todo paresce agradavel, coidado. E neste anovar-se vemos mesmo ante os nosos olhos como morren sen loita as velhas tendas familiares e a substituçom por franquicias internacionais: tamem aquí os mesmos nomes, as mesmas marcas. En todas partes esvaese a memoria das nosas vidas, o argumento da nosa identidade e so fica um mesmo mercado.

NUMHA “FEIRA DO LIBRO”: Um libro meu numha caseta, agachadinho, case oculto polos outros. Asoma o instinto infantil, primario, verdadeiro, de colocalo melhor para que alguem o veja. (Os nosos libros tan soinhos polo mundo. E nos, que pouquinha cousa somos.)

DE VISITA POR PORTUGAL COMPRENDE UM que na Galiza existe umha grande tension; e sen os mecanismos da civilidade e a urbanidade que tenhen aquí para canalizar as suas tensions.

PERDA DE CONTEXTO E IRREALIDADE. Estou nun chamado “restaurante italiano” fora da minha cidade. E de subito non sei en cual idioma lhe tenho de falar ao mozo…Fago o esforzo e recapacito, en cual lugar estou. Estiven antes en lugares asi en tantas cidades dispersas…

O ALCOHOL, A TV E O FUTBOL, esas drogas invisibeis e tan embrutecedoras…

TODOS QUEREMOS PARECER ALGO, e cada vez somos menos alguem.

E dificil aceptarse e conformarse. E dificil a rebeliom contra a escravitude do desejo. O desejo e o nervio da vida e tambem o chicote que nos ata.

“CORPO HUMILHADO, GRORIFICADO”. (Do “Oficio de Defuntos”)

¡AI VEN O LOBO!. Nom e certo que o pastor que persegue ao lobo queira salvar a ovelha: namais a quere comer el.

Quem se saiba ovelha, todos somos, saiba tamen que todos a queren comer. Desconfiemos dos pastores.

UN TELEVISOR ACENDIDO: Nun cuarto as escuras luces fantasmais. (¿Venhen hoje de ai as nosas fantasmas?)

MENINHOS MAL CRIADOS, TIRANICOS que cada dia abundan mais. Paradogicamente estes meninhos que tenhen de todo, substraidos ao trabalho e a necesidade, que non conhecen o “nom”…, estes froitos granados da civilizacion…: “estan a monte”.

O TALENTO ARTISTICO: Certas capacidades expresivas, linguisticas, combinadas con certos desarregros neurologicos…e mais umha doenza do ego ferido.

SER LETRISTA DE “MASSIVE ATACK”…

¿QUEM, QUE, LLE DICTOU A BACH a música do Mundo? (Cómo non había ter Fe no Senhor aquel senhor.)

ESE HOME SABESE UM NINGUEM, pequeno, feo, cativo e indefenso. Leva pola correa un cadelinho boxer, un animal de cara fea mais que leva dentro traza de elegancia e luxo. E apreciase que o seu dono contagiase da fermosura do cadelinho poderoso e así sábese alguem: o dono daquel animaliño.

NOM SEI SE E COUSA REAL OU IMAXINADA: tenho a impresión de que a minha letra se vai degradando. O medo á descomposición e ao colapso logo.

NOM SEI DAS MULHERES, pero os homes mejando…Coidado que vaia para o sitio, pinga, sacúdea…Vaia parvada andar despois moi esticado e fuciñudo, tan importantes. Como se non suásemos, e todo o demais.

QUEN E ORGULHOSO DE MAIS…, gusta de loitar cun brazo atado.

ESTOU NA PARAGE DO BUS con gente trabalhadora e ruda. Nesta situación de agardar polo bus todos somos case companheiros por un igual. Tirei do bolso este caderno e esta estilografica e ja me olhan con distancia e desconfianza, nom som un deles.

UN BUCEIRO PARA UN DRAGON.

UMHA MULHER METE A UN MENINHO NUMHA GARDERIA que eu sei que é nefasta. A nai fai o que pode mais o neno non vai contento.

Os meninhos de hoje han ter dereito a todo, non sendo a ser criados envoltos no carinho. A iso non.

CANTASE CONTRA O SILENCIO case sempre.

PARTE DO FASCINIO DO NIETZSCHE está en relación coa súa loucura. A tolemia alúmao e tambem é o carimbo do carácter trágico do seu conocer.

DE NOVOS SOMOS OS MELHORES LECTORES. Non é só que o adolescente viva aberto de peito e en carne viva.

Tambem é que aínda non se fartou da lectura; é precisa a escaseza, a pobreza, a penumbra, para celebrar a chegada da iluminación.
Os meus olhos están cegos para as mensajes escritas. E a minha alma está embrutecida de mensajes.

PROCESION ESPANHOLA NA SEMANA SANTA: Tambores militares atronando, a Igrexa Católica espanhola celebra o seu poder e o seu triunfo. Aínda que cargan images da Paixom do Nazareno, o sacrifico da victima inocente, que longe nom están del…

A GALIZA BAIJO A SOMBRA DE FRANCO e do seu ministro Fraga. Esta Galiza atada polo pescozo ao seu pasado que afoga aos seus filhos, cimeterio de esperanzas e xerazoms novas. Grande picadora de carne.
A idea do exilio á fin acabou por emerger.

OS ARTISTAS SOM COMO SACERDOTES DUMHA VELHA RELIGIOM QUE JA NINGUEM LEMBRA e da que nin eles mesmos lembram os misterios. Andan confusos a procurar lembrar.